Tipo de carrera:
Carrera popular, 10k
Distancia:
10 Km
Fecha:
domingo 10 junio, 2018
Localidad:
A Peroxa - Portas
Provincia:
Precio:
No disponible

III CLASICA DO ALBARIÑO 10K VIÑA ALMIRANTE
VIÑA ALMIRANTE S.C.G. en colaboración co Concello de Portas e a Deputación de Pontevedra organiza a terceira edición da carreira popular “Clásica do Albariño”
Tanto a saída como a chegada será na Adega Viña Almirante SCG, situada no lugar A Peroxa, 5- Portas (Lat: 42°35’07.8″N Lonx: 8°39’12.7″W).
Contará coa cobertura de medios de Televisión: Canal Rias Baixas (Telesalnés)
A retirada do dorsal poderá realizarse o sábado 09 de xuño na adega Viña Almirante S.C.G. no seguinte horario:
Mañá: entre as 10:00h e as 13:00h.
Tarde: de 17,00 a 20,00 horas.
Tamén poderá retirarse o mesmo día da proba na adega Viña Almirante S.C.G., a carón da liña de saída, entre as 08:30 da mañá e as 09:30h.